A Fundación Galicia Sustentable pregunta cada ano a persoas e organizacións que viven, traballan ou gobernan no rural galego como perciben a súa evolución. Non hai respostas correctas: interesa a súa impresión.
O cuestionario leva uns 15 minutos. É anónimo: non se pide nome nin ningún dato que permita identificalo. O concello pídese só para agrupar respostas por zonas e nunca se publica de forma individual.
Responsable do tratamento: Fundación Galicia Sustentable. Os datos agregados publicaranse na Revista Galicia Sustentable e presentaranse no Foro Rural Sustentable. Pode consultar a política de privacidade en
fundaciongaliciasustentable.gal.